Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

Unha maneira de facer Europa

Liña de actuación 03

DESENVOLVEMENTO E IMPLANTACIÓN DUNHA FERRAMENTA TIC PARA O MAPEO DE DEFICIENCIAS

Esta actuación permite acurtar sensiblemente os tempos de xestión e de solución de cada deficiencia municipal, sendo máis eficientes e mellorando a satisfacción da cidadanía das máis de 50 parroquias e 350 aldeas de todo o territorio municipal de Lalín. Ademais permite almacenar e explotar unha serie de información que pode servir de base á hora de propoñer determinados plans ou estratexias en zonas concretas do municipio.

O Concello deseñou e implantou un procedemento de xestión de incidencias interna e externa. A través del, definíronse unha serie de procesos e responsables para xestionar cada tipo de deficiencia de forma eficiente e dar unha rápida resposta e solución a cada caso. O desenvolvemento deste sistema xeorreferenciado facilita a identificación de cada incidencia por parte dos cidadáns e a xestión da resolución por parte do Concello.

COMO REXISTRAR UNHA INCIDENCIA

NECESIDADES

As necesidades das que se partía eran:

OBXECTIVOS

Esta operación, mediante a implantación dunha solución TIC, busca:

  • Mellorar a eficiencia na xestión e na resolución das deficiencias detectadas no ámbito municipal.
  • Desenvolver as TIC no ámbito da xestión municipal.
  • Mellorar a confianza e a seguridade da cidadanía de Lalín.

RESULTADOS

  • Unha maior proximidade da Administración aos problemas dos cidadáns.
  • Unha redución substancial dos tempos de xestión e solución de cada deficiencia.
  • O almacenamento e a explotación dunha serie de información que poida servir de base á hora de propoñer determinados plans ou estratexias en zonas concretas do municipio.

Datos

inversión total
8.445,80 €
0%
FEDER
6.756,64 €
0%
concello
1.689,16 €
0%

NOTICIAS

O CONCELLO DE LALÍN DESTACA O BO FUNCIONAMENTO DA FERRAMENTA TIC DE MAPEO DE DEFICIENCIAS TRAS RESOLVER MÁIS DE 500 INCIDENCIAS POSTAS POLOS PROPIOS VECIÑOS

O concello de Lalín destaca a eficiencia e a rápida resposta dos seus departamentos e responsables á hora de resolver con...